Xornada de presentación do proxecto en Lalín

[lang]gl=A segunda das xornadas de presentación do proxecto EmpregaTex tivo lugar en Lalín. Os representantes da Xunta, COINTEGA - Cluster Textil Moda e os sindicatos UGT e Comisións Obreiras de Galicia participaron no acto presentando os programas e resolvendo as dúbidas das persoas participantes, promovendo o interese e mostrando unha oportunidade para as persoas desempregadas.||es=La segunda de las jornadas de presentación del proyecto EmpregaTex tuvo lugar en Lalín.

Máis de 140 persoas acuden á presentación do proxecto en Vigo

O martes 23 de marzo tivo lugar a primeira das presentacións do proxecto EmpregaTex en Vigo. A xornada foi inaugurada por Guadalupe Álvarez, representante da Consellería de Traballo e Benestar, e contou coas presentacións de Guzmán García da UAFSE (Unidade Administradora do Fondo Social Europeo), Alberto Rocha, secretario xeral de COINTEGA - Cluster Textil Moda, e os sindicatos Comisións Obreiras coa representación de Manuel Lores e Juan Fernández representando a UGT de Galicia.

Presentación completa dos programas do proxecto EmpregaTex

Pode descargar a presentación do proxecto completa con toda a información sobre como porase en marcha cada programa.

Descargar aquí

Xornada de presentación do proxecto en Vigo

[lang]gl=O martes 23 de marzo tivo lugar ás 11.00 a presentación do proxecto EmpregaTex en Vigo. A xornada a que acudiron máis de 140 persoas interesadas no proxecto contou coa participación da Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo, a UAFSE (Unidad Administradora do Fondo Social Europeo), COINTEGA - Cluster Textil Moda (Confederación de Industrias Textiles de Galicia) e os sindicatos UGT de Galicia e Comisións Obreiras de Galicia.

Programa das xornadas de presentación do proxecto EmpregaTex

Facilítase a continuación a descarga do programa que se desenvolverá nas xornadas de presentación que terán lugar do 23 ao 26 de marzo en Vigo, Lalín, A Coruña e Ourense.

Descargar programa

Máis información: 902 10 30 54 ou info@empregatex.com

Presentación do proxecto na rolda de prensa do 15 de marzo de 2010

A continuación poderá descargar o documento de presentación do proxecto que se expuxo na rolda de prensa de presentación do proxecto a cargo da Xunta de Galicia, Consellerías de Economía e Industria e Traballo e Benestar.

Descargar aquí (PDF: 8 MB)

A Xunta pon en marcha EmpregaTex, un plan de 3 millóns de euros orientado á inserción laboral de persoas desempregadas do téxtil

  • • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o titular de Economía e Industria, Javier Guerra, presentaron hoxe en rolda de prensa o primeiro proxecto consensuado no seno do diálogo social
  • • A iniciativa prevé beneficiar a aproximadamente 500 persoas desempregadas nos últimos nove meses
  • • EmpregaTex, que incidirá na igualdade de oportunidades, comezará a próxima semana en Vigo e terá unha duración aproximada de 24 meses

EmpregaTex

Logo do proxecto EmpregaTex
A continuación poderá descargar o logo do proxecto.
   1 of 1
EmpregaTex

EmpregaTex


15 de marzo (Santiago de Compostela) Rolda de prensa de presentación do proxecto EmpregaTex

O vindeiro luns 15 de marzo ás 12.30 terá lugar a rolda de prensa de presentación do proxecto EmpregaTex na Consellería de Traballo e Benestar dá Xunta de Galicia en Santiago de Compostela. O acto será inaugurado polo conselleiro de Economía e Industria e a conselleira de Traballo e Benestar.

Máis información: 902 10 30 54 ó info@empregatex.com

Distribuir contido